Materiales para oposiciones

Estatuto de Autonomía para Galicia: Tests, Texto y Esquemas
Precio 13,60 €
Edición en galego.
Detalles:
-
Tapa blanda: 181 páginas
-
Editor: Independently published (19 de noviembre de 2019)
-
Idioma: Gallego
-
ISBN-10: 1709417404
-
ISBN-13: 978-1709417405
O estudante ou opositor atópase ante un manual de estudo ideado para comprender e memorizar o texto do Estatuto de Autonomía de Galicia a través de 300 preguntas tipo test. Para isto, divídese nos mesmos títulos que o Estatuto, coa fin de realizar un estudo ordenado e coherente do texto legal, que axude a memorizar a súa estrutura. O obxectivo destas preguntas tipo test é a asimilación do texto no seu conxunto. Para isto conta cun primeiro bloque adicado a súa estrutura, outros para cada Título e un final que repite unha serie de cuestións de forma desordenada, co obxectivo de comprobar a efectiva retención dos conceptos. Resulta conveniente resaltar que o estudante darase de conta de que as preguntas son esencialmente iguais ás que atopou anteriormente de forma ordenada. Non debe confiarse, dado que soamente é unha aparencia. Algunhas son idénticas, outras completamente novas e outras mudaron no seu enunciado ou texto para poñer a proba a comprensión do Estatuto de Autonomía de Galicia. Compréndese así que, igual que podería ocorrer nun eventual exame, aínda que a pregunta lle soe ao estudante e lembre que resposta era a correcta cando a atopou anteriormente, isto non lle permitirá responder correctamente se o concepto xurídico ao que fai referencia non foi asimilado con claridade e será sinal de que debe repasar esa área.Seguindo este método é posible o estudo do Estatuto mediante a realización dos test apoiados polo texto legal que figura a continuación das preguntas. Para asegurar que o estudo é completo e profundo, atopará, entre as 300, alomenos, unha pregunta adicada a cada un dos apartados de cada artigo do Estatuto, co que se abarca a totalidade do texto. Para completar con éxito o estudo é necesaria, canto menos, unha lectura comprensiva previa do Estatuto que figura neste manual. Nela aparecerán, para facilitar o estudo, unha serie de avisos, aclaracións e remisións legais, que evitarán ao estudante a continua procura das referencias ás que reenvía o Estatuto, por exemplo artigos da Constitución. Intercalados no texto aparecen esquemas que facilitan a comprensión e unha rápida consulta, visual e intuitiva, dalgúns conceptos ou estruturas cuxa fixación resulta máis sinxela por este medio e que aforrarán ao estudante o tempo da súa realización. Deseñáronse coa intención de que poidan ser coloreados ou resaltados ao gusto, deixando os espazos sen recheo algún para facilitar a súa personalización. En todo caso incluíronse unha serie de chamadas que sinalan as reservas de lei que contén o Estatuto, e soamente aqueloutras mencións a leis do Estado que parece oportuno resaltar, deixando en mans do estudante sinalar outras no espazo habilitado para iso. Finalmente, e coa mesma intención, figura un cadro con todos os prazos temporais que aparecen repartidos polo texto legal, ademais de catro esquemas (deseñados igualmente para a súa recomendada personalización) que facilitan unha sinxela comprensión das diferentes maiorías parlamentarias que se atopará, facendo referencia en ambos os casos aos artigos relacionados.Co obxectivo de que este libro sexa un material que permita o estudo integral do Estatuto, sen necesidade de ningún outro, reservouse un amplo espazo dedicado a notas nas marxes do mesmo e na táboa de respostas. Aínda que será moi útil para anotar toda aclaración ou chamada que lle resulte conveniente ao estudante, tamén pode selo para notas á marxe dalgunhas das preguntas en particular, o que axudará a través da repetición á fixación do concepto.